ConcellosÚltima hora

Soben a 214 os casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, 8 máis que onte

Panorámica do concello da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que de forma máis lixeira que nas últimas xornadas, mantense a tendencia ascendente na curva do Covid en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste martes 20 de xullo un total de 214 casos activos, o que supón 8 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

No Barco son 176 os positivos, o que significa un ascenso de 5 casos con respecto á xornada de onte. Tamén sobe o número de casos activos na Rúa que rexistra 10 positivos, 2 máis que onte; e na Veiga con 4, 1 máis que onte.

Mantéñense as cifras de onte en Vilamartín que suma 13 positivos; Carballeda que mantén 3 positivos; Rubiá con 6 positivos; e Petín con 2. O resto de municipios valdeorreses non rexistra ningún positivo.

No conxunto da provincia de Ourense son 2.086 os pacientes con infección activa, segundo Sanidade, o que supón 72 máis que os comunicados onte.

Artigos relacionados

Back to top button