En portadaÚltima hora

Soben a 238 os casos activos por Covid en Valdeorras, 103 deles no Barco

Vista do Malecón do Barco dende a praia fluvial./ Foto: A.R.

 

Volven medrar as cifras do coronavirus en Valdeorras, aínda que de maneira máis leve. Así, a comarca rexistra neste 21 de decembro un total de 238 positivos por coronavirus (9 máis que onte), segundo os datos do Sergas actualizadas ás 18h. de onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Varios municipios rexistran unha suba nas cifras de casos. Entre eles está O Barco cun total de 103 positivos (4 máis que o onte). Ademais Carballeda de Valdeorras rexistra 3 casos activos, 1 máis que o onte; Larouco 11 (1 máis que onte), A Rúa 74 (1 máis que onte) e Vilamartín 17 casos activos, 3 máis que onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

O único concello que presenta unha diminución de casos é A Veiga con 7 casos activos, 1 menos que onte.

Por outra banda, os casos activos mantéñense no Bolo con 13 positivos, en Petín con 7 positivos e en Rubiá con 3 positivos.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras continúa, unha xornada máis, libre de coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button