En portadaÚltima hora

Soben a 26 os casos activos de Covid-19 en Valdeorras, 13 deles no Barco

Paseo do Malecón no Barco./ Foto: A.R.

 

Lixeiro incremento nas cifras dos casos activos de coronavirus en Valdeorras, que rexistra un total de 26 positivos, 4 máis que onte, xornada na que os datos se mantiñan estables. A metade destes positivos sitúanse no municipio do Barco, cun total de 13 casos, o que supón 2 máis que os comunicados onte polo Sergas.

En canto á incidencia acumulada para o concello a 14 días sitúase entre >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Tamén aumentan os casos no concello de Carballeda de Valdeorras con 9 positivos, 2 máis que onte. Así este municipio presenta unha incidencia a 14 de días de máis de 500, mentres que é de >250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Polo demais, no resto da comarca mantéñense os datos de onte: 1 caso activo no concello da Rúa e 3 casos no de Rubiá.

Artigos relacionados

Back to top button