ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Soben a 3 os casos activos de Covid en Trives

No caso do municipio de Manzaneda mantense a cifra de 2 positivos

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A cifra de casos activos de coronavirus no municipio da Pobra de Trives ascende a 3, o que supón 1 máis que o domingo, segundo os últimos datos facilitados polo Sergas ao Concello. No caso de Manzaneda mantense a cifra de 2 positivos, “polo que o total de casos no PAC de Trives é de 5”, segundo se indica dende o Concello trivés.

Ademais dende este goberno local indícase que “seguimos á espera dos controis efectuados. Mentres, pedimos prudencia e a adopción das medidas preventivas. Non debemos esquecer que a pandemia non rematou”.

Artigos relacionados

Back to top button