A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

Soben a 3 os casos de Covid nos centros educativos da Rúa, mentres baixan a 2 no Barco

Exterior do CEIP Manuel Respino da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Repunta nas cifras de casos activos de coronavirus nos centros educativos da Rúa. Segundo o listado que vén de facer público a Xunta neste 4 decembro, rexístrase un positivo, por vez primeira, no CEIP Manuel Respino, mentres volven ter un caso no IES Cosme López e mantense tamén o positivo do Colexio Pablo VL-Fátima.

No referente ao Barco as cifras baixan, xa que desaparece do listado o IES Lauro Olmo, ata onte con 1 positivo, sendo unicamente dous casos os existentes nos centros deste municipio: 1 no IES Martaguisela e 1 e no CEIP Otero Pedrayo.

Deste xeito a comarca de Valdeorras suma nestes momentos cinco positivos, un máis que onte.

O total de positivos en colexios, escolas infantís e institutos da provincia é de 42 e hai unha aula pechada.

Artigos relacionados

Back to top button