En portadaSanidadeÚltima hora

Soben a 3 os ingresados por Covid no Hospital de Valdeorras e a 90 no de Ourense

Os casos activos na provincia tamén se incrementan lixeiramente cun total de 1.601, 9 máis que onte

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Novo  incremento nos ingresos por coronavirus nos centros hospitalarios da provincia de Ourense. Así o Hospital Público de Valdeorras sobe a 3 ingresos (1 máis que nos datos de onte), segundo a Consellería de Sanidade.

Tamén se incrementan no Hospital Universitario de Ourense con 90 ingresos (12 en UCI e 78 en planta). Pola contra, no Hospital de Verín baixan, cun total de 10 ingresos (1 menos que onte). Ademais hai un ingreso en UCI no Centro Médico El Carmen e outro en planta na Clínica Santa Teresa. Así a provincia rexistra un total de 92 hospitalizacións en planta, 6 máis con respecto a onte e 13 en UCI, 1 máis que onte.

Con respecto aos casos activos por Covid na provincia sofren un lixeiro ascenso, segundo os últimos datos facilitados por Sanidade ás 18 horas do 15 de outubro son de 1.601 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 9 máis que onte.

O número total de casos de Covid rexistrado na provincia ascende a 5.144, con 3.361 curados e 183 falecidos. Ata o de agora lévanse realizado 77.167 probas PCR con 81 positivos detectados nas últimas 24 horas.

Os datos galegos

Ademais, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco continúa rexistrando o maior número de casos en Galicia, segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Así, segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.680, deles 784 son da área da Coruña, 475 da de Lugo, 1.601 da de Ourense, 401 da de Pontevedra, 592 da área de Vigo, 660 da de Santiago, e 167 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 231 en unidades de hospitalización e 4.408 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.788 persoas curadas, rexistrándose 808 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 572.690.

Artigos relacionados

Back to top button