ConcellosO BarcoÚltima hora

Soben a 3 os positivos nos centros educativos do Barco

 

Lixeira suba no número de casos activos de Covid-19 nos centros educativos no Barco, que suman un total de 3. Tras varios días con 2 casos (1 na Escola Infantil Los Juglares e outro no CEIP Otero Pedrayo), neste 18 de novembro a Xunta comunica un novo positivo, nesta ocasión, no IES Lauro Olmo.

Ademais desaparecen da listaxe os dous positivos do IES Cosme López da Rúa, que agora queda libre de virus.

En total na provincia de Ourense rexístranse 95 positivos nos centros educativos e 2 aulas pechadas.

Tamén sae da listaxe o IES de Quiroga, que tiña un positivo.

Artigos relacionados

Back to top button