SanidadeÚltima hora

Soben a 37 os casos activos de Covid na provincia, 3 máis que onte

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense á tendencia á alza nos positivos por Covid-19 na provincia de Ourense. Segundo a última actualización de datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, hoxe son xa 37 os casos activos, tres máis que onte.

No conxunto de Galicia o número de casos activos de coronavirus é de 533, deles 346 son da área da Coruña, 79 da de Lugo, os xa mencionados 37 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 81 da área de Vigo, 40 da de Santiago, e 6 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 505 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.403 persoas curadas, rexistrándose 620 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 262.510.

Artigos relacionados

Back to top button
Close