SanidadeÚltima hora

Soben a 46 os casos activos de Covid na provincia, 5 máis que onte

Nova xornada de subida nos casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade, hai 46 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 5 máis que onte.

Dese total de pacientes, dous están ingresados no Hospital Universitario de Ourense e os outros 44 están a seguemento a domicilio. O total de casos rexistrados na provincia desde o principio da pandemia ascende a 2.077, con 1.898 curados e 133 falecementos, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tamén no conxunto de Galicia seguen medrando os contaxios. Segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 670, deles 371 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 46 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 85 da área de Vigo, 40 da de Santiago, e 9 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.446 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 265.628.

Artigos relacionados

Back to top button