SanidadeÚltima hora

Soben a 473 os casos activos de Covid na provincia, 11 máis que onte

Hai 30 pacientes ingresados no Hospital Universitario de Ourense (5 deles en UCI) e 3 no Hospital de Verín

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Segue a liña ascendente nas cifras do coronavirus na provincia. Segundo a última actualización que vén de facer pública a Consellería de Sanidade nesta maña, son 473 casos activos activos hoxe na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 11 máis que os rexistrados onte.

Dese conxunto de pacientes, 33 encóntranse hospitalizados (deles 5 na Unidade de Coidados Intensivos) e  440 permanecen a seguemento a domicilio. No Hospital Universitario de Ourense hai 25 pacientes en planta e 5 en UCI, mentres que no Hospital de Verín son xa 5 os hospitalizados. Unha xornada máis, o Hospital de Valdeorras segue libre de virus.

O total de casos de Covid rexistrados na provincia ascende a 2.727, con 2.118 curados e 136 falecementos. Polo de agora lévanse realizado na provincia 47.635 probas PCR, 484 nas últimas 24 horas, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button