A RúaConcellosÚltima hora

Soben a 5 os casos de Covid en centros educativos da Rúa e mantéñense en 2 nos do Barco

Exterior do CEIP Manuel Respino da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Lixeiro aumento nas cifras de casos activos de coronavirus nos centros educativos da Rúa. Segundo o listado que vén de facer público a Xunta neste 12 de decembro, o CEIP Manuel Respino, que ata onte tiña 1 positivo, agora sobe a 2, segundo o último listado emitido pola Xunta de Galicia. Ademais o IES Cosme López continúa con 3 positivos.

No referente ao Barco manteñen as mesmas cifras: o IES Martaguisela segue con 1 positivo e o CEIP Julio Gurriarán con 1 positivo.

Deste xeito a comarca de Valdeorras suma nestes momentos sete positivos.

O total de positivos en colexios, escolas infantís e institutos da provincia é de 52 e hai 3 aulas pechadas.

Artigos relacionados

Back to top button