En portadaSanidadeÚltima hora

Soben a 5 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 1 máis que onte

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Despois de varios días de estabilidade, nesta xornada rexístra unha lixeira suba no número de ingresos por Covid-19 en planta no Hospital Público de Valdeorras, con 5 persoas hospitalizadas en planta por coronavirus, 1 máis que onte (datos ás 18h. de onte), segundo a Consellería de Sanidade.

Tamén medran os ingresos por Covid no Hospital Universitario de Ourense hai 23 en planta, 2 máis que onte, e 8 na UCI, a mesma cifra de onte. No Hospital de Verín hai 3 ingresos en planta, a mesma cifra que onte.

Así a provincia suma un total de 39 hospitalizacións por coronavirus, 3 máis que onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button