En portadaÚltima hora

Soben a 5 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 2 máis que onte

A provincia rexistra 2.251 pacientes con infección activa, 144 máis que onte. No conxunto da área sanitaria hai 114 están hospitalizados en planta e 10 en UCI, segundo o Sergas

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A curva do coronavirus segue medrando de maneira preocupante na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.251 pacientes con infección activa, 144 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 20 de xaneiro. Incrementánse tamén os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 182 (fronte aos 159 de onte).

En canto aos ingresos rexístrase certa estabilidade con 114 persoas hospitalizados en planta (11 máis que onte) e 10 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). O Hospital Público de Valdeorras ten 5 ingresos en planta, 2 máis que onte; o Hospital de Verín ten 15 ingresos en planta (2 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 90 en planta (6 máis que onte) e 10 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). A Clínica Santa Teresa rexistra 2 ingresos en planta e o Centro Médico El Carmen 2 en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 11.189, con 8.613 curados e 325 falecidos (onte Sanidade notificaba 4 falecementos na provincia). Polo de agora lévanse realizado 160.146 probas PCR e 73.641 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button