En portadaÚltima hora

Soben a 6 os ingresos de Covid no Hospital de Valdeorras

Na provincia seguen a descender os casos activos, un total de 364

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Despois de 5 días cunha cifra estable de 5 ingresos por coronavirus en planta, o Hospital Público de Valdeorras volve rexistrar unha suba e rexistra 6 hospitalizados, segundo os últimos datos (actualizados ás 18h. do 9 de decembro) feitos públicos pola Consellería de Sanidade.

Pola súa banda, o Hospital de Verín continúa con 2  ingresos e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 26 en planta e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte en ambos casos).

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexístrase un descenso no número de casos activos cun total de 364 (13 menos que onte), mentres increméntanse levemente as hospitalizacións en planta, un total de 34 (1 máis que onte) e 3 na UCI (as mesmas que onte). Ademais descenden os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas ata os 30 (fronte aos 34 de onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.783, con 7.118 curados e 300 falecidos (os tres últimos rexistrábanse onte no Hospital Universitario de Ourense). Polo de agora lévanse realizado 121.180 probas PCR e 65.480 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button