En portadaÚltima hora

Soben a 68 os casos activos de Covid en Valdeorras, 23 máis que o venres

O Barco é o concello que rexistra o maior número, cun total de 32 (20 máis que o pasado venres)

Vista do Barco dende o río Sil./ Foto: A.R.

 

Repuntan os casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Así, a comarca ten neste 7 de decembro un total de 68 (23 máis que o pasado venres, cando a Consellería de Sanidade facilitaba os anteriores datos, xa que nas fins de semana e festivos non se comunican), segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 6 de decembro.

Os municipios que rexistran aumento de casos son O Barco con 32 positivos (12 máis que o venres),  Carballleda de Valdeorras con 1 positivo (ata agora estaba libre de virus),  Petín con 4 positivos (3 máis que o venres), A Rúa con 7 (2 máis que o venres) e A Veiga con 15 (6 máis que o venres). Por contra, baixan os casos en Vilamartín, con 2 positivos (1 menos que o venres).

A cifra de casos activos mantense estable no O Bolo con 2 positivos e en Larouco con 5.

O único concello da comarca que se mantén libre de coronavirus é Rubiá.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 2 ingresos en planta, un menos que o venres.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button