SanidadeÚltima hora

Soben a 7 os casos activos de Covid-19 na provincia de Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de informar de que, tras a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 233.

No caso da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco son 7 os casos activos, o que supón un máis que onte. Dese total, un paciente está ingresado no Hospital Universitario de Ourense e os outros seis permanecen a seguemento en domicilio.

Con relación ás outras áreas sanitarias galegas, hai 58 na área da Coruña, 90 na de Lugo, 18 na de Pontevedra, 44 na área de Vigo, 16 na de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos galegos, 1 está en UCI, 12 en unidades de hospitalización e 220 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.227 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de probas PCR realizadas é de 244.127.

Artigos relacionados

Back to top button
Close