ConcellosO BarcoÚltima hora

Soben a 7 os casos activos de Covid en centros educativos da Rúa

 

Exterior do IES Cosme López da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Lixeira repunta nos casos activos de coronavirus nos centros educativos da Rúa. Nesta xornada de venres 18 de decembro rexístrase un novo positivo no IES Cosme López, que volve ter un total de 5 casos, segundo o listado emitido hoxe pola Xunta. Ademais o CEIP Manuel Respino continúa con 2 positivos e unha aula pechada. Deste xeito son 7 os casos activos en centros rueses.

No caso do Barco repítense as cifras de onte: un caso no IES Martaguisela, un caso no CEIP Julio Gurriarán e un caso no Colexio Divina Pastora. Deste xeito os centros do Barco suman tres positivos.

En total a comarca de Valdeorras suma nestes momentos 10 positivos en centros educativos.

O total de positivos en colexios, escolas infantís e institutos da provincia é de 68 e hai 8 aulas pechadas.

Artigos relacionados

Back to top button