ConcellosQuirogaÚltima hora

Soben a 77 os positivos de coronavirus en Quiroga

Segundo confirma o Concello son 9 casos activos máis que na xornada anterior

Rúa central de Quiroga.

 

O concello de Quiroga continúa nun momento delicado, o máis complicado dende que comezou a pandemia de coronavirus, cun constante e rápido incremento de casos positivos de Covid-19. Nestes momentos, segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade, actualizados a onte domingo ás 18 hora, en Quiroga hai 77 persoas positivas, 9 máis que na xornada anterior, e continúan a facerse PCR a todos os contactos directos, “máis de 250 probas nos últimos días”, puntualizan dende o Concello.

Os centros educativos teñen algún positivo entre o seu alumnado, pero polo momento, somentes o colexio de CEIP de Quiroga ten pechadas dúas das súas aulas por decisión do equipo Covid do colexio. Tal como avanzan dende o ente local, ademais das medidas municipais, os propios veciños están tomando precaucións encamiñadas a evitar a propagación do virus. “Moitos dos establecementos da vila votaron o peche durante uns días ata saber como vai evolucionando a situación. Bares e tendas colgan o cartel de pechado ou de redución de horario. Tamén moitos pais decidiron non enviar aos seus fillos aos centros educativos”, aseguran dende o Concello.

Á espera dás medidas que tomen os responsables sanitarios na reunión do Comité Clínico o alcalde quirogués, pídelle unha vez máis á veciñanza que “se manteñan nos seus domicilios, saíndo soamente por cuestións laborais, médicas ou para mercar alimentos”.

Artigos relacionados

Back to top button