En portadaSanidadeÚltima hora

Soben a 9 os pacientes ingresados por coronavirus no Hospital Valdeorras

Dos 707 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 596 permanecen a seguemento a domicilio, 108 ingresados en planta, e 3 en UCI, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Hospital Público de Valdeorras rexistra hoxe un novo ingreso dun paciente diagnosticado de coronavirus e conta agora con nove hospitalizados en planta, fronte aos 8 de onte, tal e como confirma a Consellería de Sanidade.

En cambio, no Hospital de Verín baixan as hospitalizacións e hai 3 ingresados en planta (onte eran cinco), mentres que no Hospital Universitario de Ourense son 95 os pacientes en planta e 3 os ingresados en UCI (neste caso con prognóstico grave). Ademais no CO.SA.GA hai un ingreso en planta.

Dos 707 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras:
596 permanecen a seguemento a domicilio, 108 ingresados en planta, e 3 en UCI, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.800, con 981 curados e 112 falecementos (residencias e hospitais). No parte de hoxe Sanidade inclúe tamén “as altas epidemiolóxicas dos pacientes a domicilio, de acordo co protocolo só Ministerio de Sanidad”.

Na provincia lévanse realizado 15.478 PCRs.

Dous novos falecementos no CHUO

Nas últimas horas falecían en Galicia catro persoas que foron diagnosticadas por coronavirus. Son dúas mulleres de 86 e 90 anos que estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO); unha muller de 96 anos e un varón de 48 anos que estaban ingresado no CHUS. Todas estas persoas tiñen patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button