ConcellosO BarcoÚltima hora

Soben a 9 os positivos de Covid no Barco

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Volven repuntar os casos activos de coronavirus no Barco. Segundo os últimos datos comunicados neste 18 de xaneiro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 9 positivos, 3 máis que o pasado venres 15 de xaneiro.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes seguen manténdose entre 1 e 9 casos, se ben rexístrase un incremento na incidencia acumulada para o concello que pasa de ≤25 o 15 de xaneiro a >50 e ≤150 neste luns,  segundo a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button