En portadaSanidadeÚltima hora

Soben a catro os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras

A provincia rexistra nestes momentos un total de 659 casos activos, 53 deles hospitalizados

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra neste 24 de setembro un total de 659 casos activos de coronavirus (57 máis que onte), tal e como vén de confirmar a Consellería de Sanidade. Deles, hai 53 ingresados (5 dos cales están na Unidade de Coidades Intensivos) e 606 permanecen a seguemento a domicilio.

O Hospital Universitario de Ourense ten 34 pacientes en planta (3 menos que onte) e 5 na UCI (1 menos que onte), no de Verín descenden os ingresos a 10 (3 menos que onte) e no Hospital de Valdeorras sitúanse en 4 (3 máis que onte).

O total de casos de Covid-19 rexistrados na provincia ascende a 3.255, con 2.450 curados e 146 falecementos. Ata agora lévanse realizado na provincia un total de 54.900 probas PCR, 655 delas nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close