En portadaSanidadeÚltima hora

Soben a seis os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras e a 12 no de Verín

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan en ascenso os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Sitúanse neste 30 de setembro en 765 casos activos (9 máis que onte), sendo ademais “nesta xornada a única área de Galicia onde soben os casos activos”, tal e como destacan dende a Consellería de Sanidade.

Dese total de casos, hai 64 ingresados nun hospital (deles 6 na Unidade de Coidados Intensivos) e 701 están a seguemento a domicilio. Así, no Hospital Universitario de Ourense son 40 (2 menos que onte) os ingresos en planta e 6 na UCI, mentres que no Hospital de Valdeorras hai 6 pacientes ingresados en planta (1 máis que onte) e 12 no Hospital de Verín (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 3.539, con 2.624 curados e 150 falecementos. Ata agora téñense realizado 60.056 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button