ConcellosSoberÚltima hora

Sober abre o prazo de matrícula para a Escola Municipal de Música

A entrega de horarios será o sábado 3 de outubro ás 12:00 horas no Centro Sociocultural

A Escola Municipal de Música de Sober abre o prazo de matrícula para o curso 2020-2021. Os interesados e interesadas poderán inscribirse ata o día 24 de setembro.

As especialidades nas que poden anotarse son moi variadas. Este curso haberá frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra, linguaxe musical e coro.

 

Actividade durante o pasado curso.

 

Tamén se impartirán ensinanzas de música e movemento a partir dos 3 anos, música para adultos e grupos instrumentais. O alumando poderá integrarse na Banda Infantil e tamén no Coro Berea, na súa sección infantil ou de maiores.

A presentación do curso e recollida de horarios será o sábado 3 de outubro ás 12:00 horas na Casa da Cultura. Así, para obter máis información o Concello de Sober pon a disposición dos interesados os seguintes números de teléfono: 982 46 05 13 e 617 55 12 99.

 

 

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a nenos e maiores a formar parte da Escola Municipal de Música. Precisa que este curso “se tomarán todas as medidas preventivas para manter afastada a Covid-19. Alumnos e profesores seguirán todos os protocolos sanitarios para ter unhas aulas seguras”, explica.

Artigos relacionados

Back to top button