ConcellosÚltima hora

Sober acolle a vixésima edición do Baile á Luz da Lúa

Terá lugar o vindeiro vneres, 30 de agosto, na Praza do Toural

O Concello de Sober organiza por vixésimo ano consecutivo o Baile á Luz da Lúa. Celebrarase o vindeiro venres, día 30 de agosto, na Praza do Toural, e estará acompañado da Banda de Música de Sober.

 

Cartel da actividade.

 

Así, comezará cunha exhibición de baile profesional, da man de Diego Cornella e Laura Díez, profesores do curso de baile de salón que se está a realizar nestes días en Sober.

A continuación, haberá un concurso para parellas non profesionais, con varios premios para os mellores bailaríns. Para inscribirse bastará con apuntarse ao inicio do baile.

Artigos relacionados

Back to top button