EconomíaEconomíaÚltima hora

Sober acolle o I Concurso de Sumillería no marco da XXXIX Feira do Viño de Amandi

Os participantes deberán facer unha proba escrita sobre as denominacións de orixe galegas, unha cata identificativa de brancos galegos, outra en copa negra e unha decantación con vela
Casa da Cultura de Sober, onde se desenvolverá o campionato./ Foto cedida.

O 4 de abril a partires das 11h. terá lugar na Casa da Cultura de Sober o I Concurso de Sumillería con ocasión da XXXIX Feira do Viño de Amandi.

Os participantes no concurso terán que facer unha proba escrita sobre as denominacións de orixe galegas, unha cata identificativa de viños brancos galegos, unha cata identificativa en copa negra e unha decantación con vela. O mellor participante nas catro probas proclamarase campión do I Concurso de Sumillería.

Neste concurso colaboran, ademais da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias e do Concello de Sober, o Centro do Viño de Monforte de Lemos, Vino Sacra, Adega Algueira, Adega Regina Viarum, o Restaurante Faragulla e o Restaurante Edulis.

Artigos relacionados

Back to top button