CulturaMúsicaÚltima hora

Sober acolle un obradoiro de instrumentos de codia de castiñeiro

Da man de Pablo Carpinteiro, tivo lugar onte, domingo 5 de xullo, no souto de Lobios

O souto de Lobios de Sober acolleu onte, domingo 5 de xullo, un obradoiro para fabricar instrumentos musicais con codia de castiñeiro. Esta actividade impartiuna o músico e artesán Pablo Carpinteiro.

 

Durante a actividade.

 

Así, os instumentos elaborados foron varios tipos de pipas, xipros, frautas de tres furados, violíns de castiñeiro, gaita dobre de Vilariño de Conso, asubíos e tobas. “Trátase de instrumentos milenarios con técnicas de fabricación moi sinxelas que os nosos maiores fabricaban cando eran cativos”, asegura.

 

O músico e artesán Pablo Carpinteiro.

 

Ademais, agradecía que “o obradoiro foi posible grazas á amabilidade dun dos propietarios, Jose Pérez Rodríguez, que deu permiso aos máis de trinta participantes nesta actividade para traballar coas poliñas dos impresionantes castiñeiros milenarios que forman este souto, sen dúbida un dos máis imponentes que hai en Galicia”.    

Artigos relacionados

Back to top button