ConcellosÚltima hora

Sober acollerá o domingo 8 de xullo unha proba de rastro de xabarín

Trátase dunha proba de caza sen morte na que cada competidor terá dez minutos para seguir o rastro dos animais
Cans de rastro.

Sober acollerá esta fin de semana unha proba de rastro de xabarín con cans de caza de alta calidade. A actividade cinexética está organizada polo Club Español del Grifón Vendeano e desenvolverase o domingo 8 de xullo contando con participantes de toda Galicia.

Trátase dunha proba de caza sen morte na que cada competidor terá dez minutos para seguir o rastro dos animais. Colaboran na proba o Tecor de Sober e a Federación de Caza contando co patrocinio do Concello de Sober e Piensos Arion.

O aforo é limitado, polo que os interesados deberán anotarse chamando ao número: 670 43 70 37.

Artigos relacionados

Back to top button