CulturaCulturaÚltima hora

Sober acollerá un concerto da Banda Sinfónica de Galicia este sábado

Enmárcase dentro dos actos do 150 aniversario da Banda de Música de Sober

 

Durante a presentación da actividade.

 

A Banda Sinfónica de Galicia ofrecerá un concerto en Sober este vindeiro sábado día 7 de agosto. Enmárcase dentro dos actos do 150 aniversario da Banda de Música de Sober, e a entrada será de balde. Así, a actuación terá lugar ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura.

Tras esta actuación que se enmarca dentro da xira “Música e valores”, ao día seguinte, domingo 7, a Praza do Concello acollerá unha nova actuación da Banda de Música de Sober e o grupo local Os Parentes.

Artigos relacionados

Back to top button