ConcellosÚltima hora

Sober acollerá un seminario internacional sobre o Camiño de Inverno na Ribeira Sacra

A primeira edición terá lugar do 2 ao 6 de setembro e estará orientada ao tramo de Quiroga a Monforte de Lemos

A Casa Grande de Rosende, en Sober, acollerá do día 2 ao 6 de setembro, o Workshop Internacional da Paisaxe “Tralas pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra”. Así, esta primeira edición estará adicada ao tramo de Quiroga a Monforte de Lemos.

 

Presentación da actividade.

 

Está organizado pola Escola Galega de Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa “O teu Xacobeo”, de apoio aos proxectos de dinamización do Xacobeo 2021. “O obxectivo é analizar as paisaxes e os patrimonios da Ribeira Sacra, e propoñer estratexias de delimitación, intervención e desenvolvemento a partires dun traballo multidisciplinar con estudantes, expertos e profesionais de recoñecido prestixio, contando tamén con axentes locais”, explican dende a organización.

Os tres primeiros días deste seminario constarán de intervencións de distintos expertos. Así, o luns día dous comezará Eladio Fernández Galiano con “Os Itinerarios Culturais en Europa. Estado da cuestión”.

Despois de recibir toda a información necesaria durante tres días, os participantes terán mércores e xoves para traballar en grupo e elaborar diferentes propostas, para así o venres expoñelas ás 10:00 horas. O acto de clausura producirase ese mesmo día ás 13:00 horas.

Para matricularse será necesario abonar 50 euros (inclúe aloxamento na Casa Grande de Rosende, almorzo, café, comidas e traslados en autobús ás visitas programadas) antes do día 28 de agosto.

Para inscribirse é necesario cubrir un formulario en http://juanadevega.org/es/lineas/escuela/formacion/cursosjornadas/workshop-internacional-de-paisaxe-tras-las-huellas-del-camino-de-invierno-en-los-paisajes-de-la-ribeira-sacra/

Máis información: info@juanadevega.org ou 981 65 46 37.

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close