ConcellosÚltima hora

Sober celebra mañá a súa primeira festa acuática deste verán con inchables

As piscinas municipais estarán abertas a partir das 13 horas ata as 20 horas, con entrada gratuíta para os nenos menones de 6 anos

 

Cartel da festa acuática de Sober.

 

A primeira festa acuática de Sober, organizada polo Concello, deste verán terá lugar este xoves de calor con inchables para os nenos nas piscinas municipais. A partires das 13 horas todos aqueles que queiran disfrutar dos xogos e da auga poderán acceder ao recinto ata as 20 horas, que pechará as súas portas. Cunha entrada gratuíta para nenos menores de 6 anos, aos rapaces de 6 a 14 anos se lles cobrará unha entrada de 1,5 euros e aos adultos de 2,5 euros.

 

Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button