ConcellosÚltima hora

Sober celebrará o XIX Festa do Avós, o 19 de maio

Cartel da festa.

O Pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober acollerá o vindeiro 19 de maio a XIX Festa dos Avós. O alcalde, Luis Fernández Guitián, anima a participar neste encontro cos maiores “que serve a todos os veciños e veciñas para xuntarse ano tras ano e compartir un día de festa e de ledicia”.

A festa comezará ás 13:30 horas e prolongarase ata a noitiña. Ao longo de todo o día ofrecerase unha misa, un xantar, haberá actuacións musicais e un sorteo de agasallos para todos e todas os participantes.

Está previsto un suculento menú composto de paella, pescada en salsa, carne asada con pataca, sobremesa, café e bebidas. O prezo para empadroados é de 10 euros e 20 euros para non empadroados. As tarxetas poden adquirirse no Concello, sendo preciso anotarse antes do 16 de maio a través dos teléfonos 982 460 001 ou 982 460 513.

 

Artigos relacionados

Back to top button