ConcellosÚltima hora

Sober colabora nunha campaña a favor dos bancos de alimentos

Participa nunha “gran recollida de leite”, cuxo punto de recollida de cartóns estará no Centro Sociocultural da localidade
Cartaz da campaña.
Cartaz da campaña.

“Ningún neno sen bigote”. Este é o título de campaña de “gran recollida de leite” a favor de Bancos de Alimentos na que participará o Concello de Sober en colaboración coa Obra Social La Caixa. Así o acordaban o rexedor soberino, Luis Fernández Guitián, e o director da Oficina de Monforte, Javier Rodríguez Mosquera.

Esta campaña estará activa ata o vindeiro día 22 de maio, data na que se recollerán os cartóns entregados. Para participar nesta iniciativa de axuda á infancia pódese levar un cartón de leite, ou os que se queira, ao punto de recollida situado no Centro Sociocultural de Sober. O alcalde soberino convida a todos os veciños/as a participar nesta campaña “que axudará a que aos nenos e nenas máis desfavorecidos poidan contar con este alimento básico na súa alimentación”.

Os promotores desta iniciativa alertan de que máis de 350.000 nenos e nenas do noso país non teñen acceso a un alimento tan básico como o leite. O que se pretende con esta iniciativa solidaria é, tal como explican, conseguir “que ningún neno quede sen bigote”.

Artigos relacionados

Back to top button