ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Sober conclúe as obras en cinco áreas de ocio

Están en cinco parroquias e no conxunto destas actuacións investíronse 40.000 euros

Os traballos en cinco áreas de ocio en parroquias do municipio lucense de Sober veñen de finalizar. As actuacións suman un montante total de 40.000 euros e contaron cunha subvención da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Estas novas áreas de ocio que xa están dispoñibles dende hoxe “son un parque infantil e unha área biosaudable no lugar de Sistín do Mato; unha área biosaudable en A Carreira; un parque infantil en Campo de Anllo; unha área biosaudable en Campo de Bulso e un parque infantil e área biosaudable en A Airexa de Gundivós”, tal e como sinala o alcalde soberino, Luis Fernández Guitián. Asemade adianta “que tamén están en proxecto novas construcións similares noutras parroquias e lugares do Concello coa finalidade de axudar a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button