ConcellosÚltima hora

Sober conta cunha nova centenaria

O municipio de Sober suma unha nova veciña centenaria. Milagros Doamo Bouza, de Rodiz, na parroquia de Vilaescura vén de celebrar os seus cen anos. Festexaba o seu aniversario rodeada por familiares e veciños e tamén polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.

Nestes momentos o concello de Sober conta con once centenarios.

Fotos: Concello de Sober.

 

Artigos relacionados

Back to top button