CulturaCulturaÚltima hora

Sober continúa coa súa programación cultural para o verán

As actividades durarán ata o día 20 de setembro e comprenden actuacións musicais e espectáculos para todos os públicos

O Concello de Sober ven de presentar a súa programación cultural para as restantes semanas de verán. O cartaz inclúe unha variada axenda de actividades para todos os públicos e que se desenvolverán cumprindo sempre coas medidas hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus.

O 21 de agosto realizarase a primeira destas actuvidade, un conto-concerto de Xoán Curiel nas piscinas municipais. Ao día seguinte, o músico Carlos Núñez actuará nos xardíns do Pazo de Sober no marco da súa xira “Lugares Máxicos”. Os días 23 e 28 a Banda de Música de Sober tocará na Praza do Toural.

Xa en setembro, o día 5 a Praza do Pulpo acollerá o espectáculo “Carta de Axuste”. O día 19 a Charanga Ardores amenizará as Festas do Carme e ese mesmo día tamén terá lugar un espectáculo infantil con Nelson Quinteiro. Finalmente o día 20, a Banda de Música de Sober volverá a actuar nun pasarrúas; Os Monifates ofrecerán un concerto de música tradicional e Dani García realizará un espectáculo de maxia na Praza do Toural.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button