ConcellosÚltima hora

Sober dispón dun sistema de control para a optimización do consumo da auga

O Concello investiu 40.000 euros en obras de modernización da rede de abastecemento

Imaxe do depósito de Sober./ Foto cedida.

 

O Concello de Sober vén de realizar obras de modernización da rede de abastecemento e na implantación dun sistema de control para a optimización do consumo de auga potable. “Instalouse un novo sistema de xestión da rede municipal de abastecemento coa finalidade de mellorar o abastecemento e controlar o consumo”, indican dende o Concello.

A obra de modernización da rede interna do depósito e telexestión do sistema contou cun investimento de 40.000 euros con cargo o Plan Único de 2019 e supuxo unha importante mellora nas instalacións municipais.

“As obras permiten que agora se poida controlar o consumo por zonas e detectar posibles fugas ou enganches ilegais”, matizan dende esta adminsitración local.

Ademais o Concello vai facer un estudo minucioso por tramos para detectar este tipo de anomalías e impor sancións a quen incumpra. Ao mesmo tempo recordase a importancia dun consumo de auga ordenado e a prohibición de regar, lavar coches ou encher piscinas con auga da traída, entre outras posibles ilegalidades.

 

Artigos relacionados

Back to top button