ConcellosÚltima hora

Sober estrea 15 marquesiñas en madeira

Foron realizadas polo módulo de carpintería do obradoiro de emprego deste concello lucense
Unha das novas marquesiñas instaladas no concello de Sober (Lugo).
Unha das novas marquesiñas instaladas no concello de Sober (Lugo).

Sober vén de renovar a imaxe da súa contorna e tamén a dotación de servizos aos seus veciños con quince novas marquesiñas en madeira. Foron instaladas tendo en conta criterios como o lugar, o estado da anterior cuberta e os usuarios. E, ademais, todas elas están adaptadas para cadeiras de rodas.

Estas marquesiñas teñen sido elaboradas con madeira tratada para exteriores e incorporan o nome do lugar, ao estilo dunha estación de ferrocarril ou autobús. Son obra dos traballadores do módulo de carpintería do Obradoiro de Emprego que Sober comparte cos Concellos de O Saviñao e Pantón.

As marquesiñas foron realizadas polo módulo de carpintería do obradoiro de emprego.
As marquesiñas foron realizadas polo módulo de carpintería do obradoiro de emprego.

Ata o de agora cambiáronse as marquesiñas de Matamá, Arxemil e O Toxedo (Anllo San Martiño), A Pena e Vilanova (Gundivós), Doade e Vilachá (Doade), A Pena (Proendos), Vilamaior (Refoxo), A Casilla (Neiras), Soutonovo e Igrexa (Anllo Santo Estevo), Barreiros (Santiorxo), e O Pinar (Bolmente). Nos próximos días será colocada a de Telleiros.

A intención do Concello de Sober, segundo sinala o seu alcalde, Luis Fernández Guitián, “é a de seguir avanzando nestes traballos en diferentes lugares do Concello”.

Artigos relacionados

Back to top button