ConcellosSoberÚltima hora

Sober homenaxea a un garda civil falecido en misión humanitaria en Kosovo

O Concello de Sober organizaba un emotivo acto para homenaxear ao policía xudicial da Garda Civil Jaime Pérez Fortes, que faleceu en Kosovo, no transcurso dunha misión humanitaria, no ano 1999.

O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitirán, presidiu o acto na súa memoria que tivo lugar na praza do Cuartel da Garda Civil da localidade no que se descubriu un monolito e no que non faltou a música e a lectura dun poema.

Os restos mortais do policía xudicial están enterrados no cemiterio de Proendos. O motivo de que se elixira esta data para homenaxear ao Jaime Pérez é que, de seguir vivo, cumpriría cincuenta anos.

Á homenaxe asistiron os seus pais, así como o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Miguel Ángel González; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o xefe territorial de Presidencia da Xunta de Galicia, Gerardo Criado.

Tamén participaron o capitán da Garda Civil de Monforte, o comandante de posto de Sober e membros da corporación municipal.

Imaxes cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button