CulturaCulturaÚltima hora

Sober inaugura o seu belén, realizado por veciño un centenario

O Concello agradécelle a Ruperto e á súa familia poder amosar o belén na Casa da Cultura, "unha verdadeira obra de arte que convidamos a visitar"

 

O belén de Nadal de Sober xa pode visitarse. Este nacemento inaugurábase esta mañá de sábado e permanecerá exposto na entrada da Casa da Cultura da vila ata pasar Reis. As súas pezas foron elaboradas por un centenario, o veciño de Vilaoscura Ruperto Alvárez, que este 2020 cumpriu cen anos.

As pezas, máis de cen, fíxoas entre os 97 e os 99 anos. Foron todas elaboradas con diferentes tipos de madeira. Entre as curiosidades pode verse unha banda de música na que se atopan os amigos de Ruperto cando era mozo. Tamén hai un carro con uvas, un río polo que discorre a auga e os Reis Magos, que son galegos.

O propio Ruperto foi o encargado de inaugurar o belén, nun acto no que tamén estivo a súa familia, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias.

O Concello de Sober agradécelle a Ruperto e á súa familia poder amosar o belén na Casa da Cultura, “unha verdadeira obra de arte que convidamos a visitar”, explica o alcalde.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button