SoberÚltima hora

Sober inicia a semana que vén as actividades do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

A programación está destinada aos nenos que participan no campamento de verán municipal

O campamento municipal “Coñece o teu concello”.

 

O Concello de Sober iniciará a vindeira semana unha serie de actividades que se enmarcan dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e que están adicadas aos nenos que participan no campamento de verán “Coñece o teu Concello”, organizado polo goberno local.

Dende o Concello, denuncian o problema que supón a violencia de xénero para a sociedade e consideran necesario loitar contra ela dende todos os ángulos posibles. O alcalde, Luis Fernández Guitián, comentaba que “dende o Concello de Sober tratamos de responder á acusada necesidade de concienciar e sensibilizar respecto a dita problemática en todas as súas expresións, tanto visibles coma non visibles”. O rexedor tamén destacou o compromiso do Concello na tarefa de concienciar sobre esta lacra aos máis pequenos.

 

Nenos nunha actividade do campamento de verán do Concello.

 

As actividades do Pacto de Estado están financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade e foron valoradas e propostas pola educadora social, Selene Arias Sáez. A continuación móstrase a axenda prevista:

Xoves 16 de xullo no campamento de verán do Concello: teatro con sombras: elefantes/as do presente.

Xoves 23 de xullo no campamento de verán do Concello: busca do tesouro: na procura da igualdade.

Xoves 30 de xullo no campamento de verán do Concello: dinámicas e xogos coeducación.

Xoves 30 de xullo na piscina municipal: xincana pola igualdade, aberta tamén aos nenos e nenas que estean nas instalacións e queiran participar.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button