ConcellosSoberÚltima hora

Sober lanza o programa de animación sociocultural “O Eirado das Letras” dirixido a maiores de 55 anos

 

O Concello de Sober lanza este outono o programa de animación sociocultural “O Eirado das Letras” dirixido a persoas maiores de 55 anos. “A idea é continuar coa actividade do Club de Lectura Pintor de Castinande sumando novas actividades como a estimulación cognitiva, as relacionadas co mundo dixital, actividades lúdicas ou excursións, entre outras”, asegura o Concello de Sober.

Trátase de crear un espazo de encontro, participación e intercambio de opinións e experiencias.A actividade comezará o martes 19 de outubro e terá lugar todos os martes ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. O prazo para inscribirse está aberto desde hoxe e ata o 13 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button