ConcellosÚltima hora

Sober merca dispositivos de última xeración para o control e desinfección do Covid-19 na desescalada

Vén de adquirir diferentes aparellos para seguir previndo o coronavirus, como termómetros con tecnoloxía infravermella, purificadores de aire, un xerador de ozono e pediluvios

Purificador.

 

Pensando xa na proximidade da desescalada, o Concello de Sober prepárase para esta fase adquirindo diferentes dispositivos tecnolóxicos de última xeración cos que “controlar a posible expansión do COVID-19 e cos que seguir cos traballos de limpeza e desinfección”, segundo esta administración local.

Nesta liña vén de mercar termómetros para o control de temperatura con tecnoloxía infravermella con cámara termográfica que estarán nos edificios públicos (Casa do Concello, Casa de Cultura, Gardería ou Oficina da Turismo, entre outros).

 

Pediluvio.

 

Tamén adquiriu purificadores de aire ionizadores e antibacterianos con luz ultravioleta que funcionarán igualmente nos edificios públicos, así como un xerador de ozono para a desinfección de vehículos e outros espazos públicos pechados onde se celebren actividades, tales como o ximnasio municipal, pavillón polideportivo ou o auditorio da Casa da Cultura.

 

Termómetro.

 

Tamén se mercarán pediluvios desinfectantes para poñer na entrada dos edificios públicos. Cóntase ademais con dispensadores de xel hidroalcohólico instalados hai anos en todas as dependencias municipais.

Medidas todas elas encamiñadas a que os veciños e veciñas poidan saír das súas casas nunhas condicións de seguridade mantendo, na medida do posible, o COVID-19 afastado.

Fotos cedidas.

Ozono.

 

Artigos relacionados

Back to top button