EconomíaEconomía

Sober, no spot publicitario que prepara Turgalicia

O equipo audiovisual que se encarga deste traballo realiza gravacións neste concello da Ribeira Sacra lucense
O equipo de gravación en Sober.
O equipo de gravación en Sober.

Imaxes tomadas dende o renovado miradoiro de Santiorxo, en pleno Canón do Sil, serán algunhas das que ilustrarán o novo spot publicitario no que traballa Turgalicia para promocionar a comunidade galega no exterior. Así o adiantaba o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, tras acompañar ao equipo audiovisual que se desprazaba o 6 de marzo ata esta zona da Ribeira Sacra lucense para iniciar a gravación. O rexedor agradécelle ao organismo público ter elixido emprazamentos da localidade para axudar na súa difusión a nivel mundial.

Ademais Fernández Guitián destaca “a importancia” de que o municipio vaia formar parte do anuncio e de todo o material promocional que elabore e distribúa Turgalicia, posto que, segundo remarca, “será o mellor altofalante de todo o que Sober e a Ribeira Sacra teñen para ensinarlle ao mundo enteiro”.

Foto: Cedida polo Concello de Sober

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button