Publicidade
CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Sober pon a biblioteca e a aula de novas tecnoloxías a disposición de estudantes de secundaria e universitarios

"Para facer uso das instalacións tan só terán que pedir cita previa a través do teléfono ou do correo electrónico", din dende o Concello

Biblioteca Municipal de Sober./ Foto cedida.

 

Dende o Concello de Sober vén de poñerse a disposición dos estudantes universitarios e dos de secundaria a Biblioteca Pública Municipal e a Aula Municipal de Novas Tecnoloxías, ambos espazos con acceso gratuíto a internet. “Para facer uso das instalacións tan só terán que pedir cita previa a través do teléfono ou do correo electrónico”, indican dende esta administración local.

Así, o Concello de Sober pon a disposición do alumnado que o necesite ambos servizos para que poidan seguir cos seus estudos nun ambiente tranquilo. Ademais indica que “cumpriranse os protocolos necesarios de distancia entre usuarios, así como a desinfección dos locais e de todo o material de xeito continuado”.

Teléfonos de contacto para pedir cita: 982 400513 e 982 460414

E-mail: biblioteca@concellodesober.com

informatica@concellodesober.com

 

Aula de Novas Tecnoloxías en Sober./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close