ConcellosSoberÚltima hora

Sober presenta o cartel e o programa da XLII Feira do Viño de Amandi, prevista do 9 ao 10 de abril

Tamén se presentaban as actividades do "Mes de Amandi", que inclúen un recitado de poemas adicados ao viño do valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán

Presentación do cartel da vindeira Feira do Viño de Amandi en Sober./ Cedida.

 

A fermosa Fervenza de Portizó era o lugar escollido polo Concello de Sober para presentar o cartel promocional da XLII Feira do Viño de Amandi, as actividades do “Mes do Amandi” e a programación da mostra vitivinícola, que vai ter lugar na localidade nas súas datas habituais, os días 9 e 10 de abril, coincidindo co domingo de Ramos.

Ao concurso de deseño de carteis da feira presentábase nesta edición 20 orixinais chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio ao traballo presentado pola moza ourensá Rocío Rodicio González de Ourense, que acudía a este acto de presentación no que tamén se contaba, entre outras persoas, co alcalde de Sober, Luis Fernández.

As actividades do Mes do Amandi deron comezo o pasado sábado e son as seguintes:

Sábado 5 de marzo
– Ás 12:00 horas Fallo do concurso de carteis da XLII Feira do Viño de Amandi.
-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, Concerto do Ensemble vocal feminino EGERIA.
-Ás 21:00 horas no Pavillón do CEIP Virxe do Carme, presentación do equipo de rally Barantes Sport.

Sábado 12 de marzo
-Ás 12:00 horas na Fervenza de Portizó presentación do cartel de XLII Feira do Viño de Amandi, xunto coa programación de actos da feira.

Luns 14 de marzo
-Ás 12:00 horas. A caravana do Amandi visita a Feira de Rubián, (Bóveda, Concello ao que este ano se lle dedica a Feira do Viño de Amandi).

Venres 18 de marzo
-Ás 17:30 horas. Os participantes nas Merendas con Contos, visitan a Fervenza de Portizó.

Luns 21 de marzo
-No CEIP Virxe do Carme conmemoración do Día Internacional da Poesía con recitado de Poemas ao Viño de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022.

Xoves 24 de marzo
-De 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con produtos DE CRAEGA.
Colaboran: Escola de Hostaleria da Fundación Belarmino Fernández e C.R. Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Venres 25 de marzo
-As 19:00 horas en Tapería Tear de Cadeiras presentación da nova edición da Guía da Ribeira Sacra de Manuel Garrido.

Sábado 26 de marzo
-As 19:00 horas no Centro Sociocultural Concerto Solidario cos refuxiados ucraínos.

Venres 1 de abril
-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, charla ‘A cultura do viño e a viticultura heroica’, por Xabier Castro, autor do libro ‘A rosa do viño. A cultura do viño en Galicia’.
-Ás 20:00 horas no Centro Sociocultural presentación da exposición de pintura de Gelín Fernández.

Mércores 6 de abril
-De 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober 2º Concurso de sumiliers.
Colabora: Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández.

Xoves 7 de abril
-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, concerto de guitarra e frauta traveseira a cargo de Josué Castro e Magda Sánchez.

Outras actividades

Exposicións
Do 31 de marzo o 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XVII Feira do Viño de Amandi.

Do 1 o 30 de abril no Centro Sociocultural exposición de pintura de Gelín Fernández.

Cata de viños
Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira.
Entregaranse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2021, un premio para viños brancos da anada de 2021 e un premio para viños envellecidos en barrica.
Organiza: Vinosacra.

 

Outro dos momentos da presentación./ Cedida.

 

Programa de actos da XLII Feira do Viño de Amandi.

Sábado 9 de abril

-Ás 11:30 horas. Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XLII Feira do Viño de Amandi.
-Ás 12:00 horas. Apertura Oficial a cargo de Adega TEAR en lembranza aos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila.
-Ás 12:15 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
-Ás 17:00 horas. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Oficina Municipal de Turismo.
-Ás 17:00 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
-Ás 18:30 horas. Concerto da Banda de Música de Sober.
-Ás 20:00 horas. Actuación da Charanga Louband na Praza do Concello.
-Ás 23:00 horas. Actuación de GIN TONIC´S na Praza do Concello.

Domingo 10 de abril

-Ás 10:30 horas. Disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante).
-Ás 10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
Ás 11:30 horas. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
Ás 11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-Ás 12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 12:45 horas. Actuación da Banda de Música de Sober.
-Ás 13:00 horas: Pregón a cargo de Chechu Salgado.
-Ás 13:30 horas. Entrega de Premios.
-Ás 17:00 horas. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 19:30 horas. Baile coa orquestra Los Satélites.

Artigos relacionados

Back to top button