ConcellosSoberÚltima hora

Sober presenta un amplo programa cultura con medidas anticovid

Inclúe un concerto de Luar na Lubre, a Feira Mostra do Viño de Amandi e tamén as Festas do Carme, entre outras moitas actividades

Publicidade

 

O Concello de Sober vén de presentar a súa programación cultural para este verán, un “amplo programa de actividades que seguirán de xeito estrito a normativa sanitaria anticovid en vigor”, tal e como asegura.

Concertos, actuacións, a Feira Mostra do Viño de Amandi ou as Festas do Carme forman parte desa completa programación deseñada polo Goberno local que se estende entre o 30 de xullo e o 19 de setembro. O calendario comeza o 30 de xullo na Praza do Toural co concerto de Galifunk (22:00 horas). O 6 de agosto concerto de Xoán Curiel na Praza do Pulpo (22:00 horas).

O día 7 de agosto a Oficina de Turismo acollerá o acto de presentación do material arqueolóxico da escavación de Proendos (12:00 horas). Ese mesmo día haberá un espectáculo de monicreques nas piscinas municipais, no marco do programa Falaredes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística (19 horas).

Os días 11 e 12 de agosto celebrarase a Feira Mostra do Viño de Amandi, cuxo programa completo se dará a coñecer nos vindeiros días. Entre as actuacións confirmadas está a da Banda de Música de Sober e a de Xograres de Lemos.

O 18 de agosto haberá un concerto dos Gin Toni’s na Praza do Toural (22 horas) e o día 29 celebrarase a Noita á Luz da Lúa na Parroquia de Proendos, organizada polo Colado do Vento, que este ano contará coa actuación de Xabier Vizcaíno e Hérbedo.

O 21 de agosto actuará a Banda de Música de Muimenta na Praza do Toural (20:00 horas). A mesma praza acollerá o 28 de agosto o Baile á Luz da Lúa coa Banda de Música de Sober (22 horas).

Xa no mes de setembro, o día 17 o grupo Luar na Lubre ofrecerá un concerto na Praza do Concello (22:30 horas). O 18 e 19 de setembro celebraranse as Festas do Carme nas que haberá actividades principalmente para o público familiar e unha actuación da orquestra Los Satélites.

O Concello de Sober habilitará cadeiras para poder seguir as actuacións sentados e as zonas estarán delimitadas e haberá control de aforo garantindo que se cumpran as distancias de seguridade e todas as medidas sanitarias en vigor.

Artigos relacionados

Back to top button