EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Sober presentarase en Xantar como “destino enogastronómico e paisaxístico”

O Concello vén de anunciar que participará novamente cun expositor propio na vindeira edición deste salón, que se celebrará en febreiro en Expourense
Produtos de Sober, no stand deste Concello na pasada edición de Xantar en Expourense./ Foto: Concello de Sober.

Co fin de darse a coñecer ante miles de visitantes como un “destino próximo, completo e único”, o Concello de Sober participará na vindeira edición de Xantar en febreiro en Ourense cun expositor propio. Nel promocionará os seus principais referentes turísticos, entre os que destaca “o seu emprazamento na Ribeira Sacra o que lle outorga incribles paisaxes; os seus afamados viños de Amandi, que pertencen á D.O. Ribeira Sacra e outros atractivos como a olería de Gundivós, o seu románico rural a súa oferta en aloxamentos rurais e locais de hostalería e restauración”, indican dende o Concello.

Como xa é habitual nas últimas edicións, Sober axudará ademais a poñer o broche final a Xantar e reserva o seu día dedicado para o domingo (10 de febreiro) ofrecendo unha degustación dos seus viños de Amandi acompañados por queixo da D.O. de Galicia e pola súa Rosca de Sober.

Sober promocionará ademais durante o salón a “XXIX Feira do Viño de Amandi” que se celebrará os días 13 e 14 de abril de 2019.

Artigos relacionados

Back to top button