EconomíaEconomíaÚltima hora

Sober retoma a loita contra a velutina coa colocación de 200 trampas

Entréganse de forma gratuíta aos apicultores, xunto co atraente, ademais de colocarse en lugares estratéxicos das 22 parroquias deste municipio lucense

 

Nesta primavera o Concello de Sober retoma a loita contra a Vespa velutina ou avespa asiática instalando trampas con atraente. A intención do goberno local é “frear a expansión deste insecto que está causando graves danos, sobre todo na apicultura”.

Na xornada de onte, luns 20 de abril, colocáronse 50 trampas en árbores froiteiras en diversos puntos do municipio e está previsto que se instalen 150 máis. “As trampas e o atraente entréganse de forma gratuíta aos apicultores, ademais de colocarse en lugares estratéxicos das 22 parroquias de Sober”, informa o Concello.

Con esta intervención preténdese evitar que as raíñas de velutina, tras o seu período de hibernación, poidan comezar a facer niños. “Estímase que con cada niño primario que se evite tamén se freará a expansión deas entre 5.000 e 7.000 avespas que ten cada un deles. As raíñas están espertando, polo que convén actuar cantos antes para que a velutina non se siga expandindo”, destacan dende o Concello de Sober.

Tamén se pide que se alguén atopa un niño de velutina chame ao 112 para que procedan á súa retirada.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button