ConcellosÚltima hora

Sober suma un novo centenario, Manuel Castroseiros

Este municipio conta cun total de 13 persoas que superan o século de vida, dez mulleres e tres homes

 

O municipio lucense de Sober conta dende o 15 de febreiro cun novo veciño centenario. Trátase de Manuel Castroseiros Álvarez, de Ferroños, en San Martiño de Anllo.

O ‘Mañé’, alcume polo que é coñecido, está viúvo e vive con súa filla Montse. Ten un neto e un bisneto (co que aparece na fotografía). Foi emigrante en Irlanda e rexentou durante preto de 20 anos un bar en Sober.

Na tarde de onte, sábado, recibía a visita do alcalde, Luis Fernández Guitián, e da secretaria da Mesa do Parlamento, Raquel Arias para felicitalo polo seu cen aniversario.

Sober conta agora con 13 centenarios; dez mulleres e tres homes, segundo informa o Concello.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close