ConcellosSoberÚltima hora

Sober suma unha nova centenaria, Dolores Pérez

Este municipio conta actualmente con 14 persoas de máis de cen anos

 

Neste 18 de marzo o municipio de Sober vén sumar unha nova centenaria: Dolores Pérez Rodríguez. Nacida na parroquia de Liñarán, Dolores ten unha irmá con 101 anos (Pepita), que reside na Coruña.

Viúva do ex alcalde Jesús Vázquez Pérez, a nova centenaria pasa o día de hoxe coa súa filla Susú e o seu xenro Eduardo. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, felicitouna no seu domicilio en nome de todos os veciños e veciñas.

O Concello de Sober conta a día de hoxe con 14 persoas de máis de cen anos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button